Inicio Carballo ao día Avisos Cinco empresas máis confirman a súa...

Cinco empresas máis confirman a súa colaboración na quinta edición de Carballo por Etapas

O tren turístico rematará os seus percorridos ás 21.30 horas en cumprimento da normativa de tráfico

Luns 10 de abril do 2017

Ademais dos 19 locais de hostalería (na relación anterior faltaba a cafetería bar Embajador), na quinta edición de Carballo por Etapas tamén participarán varias empresas, que colaboran co Concello de Carballo e a Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (Axober) facilitando todo tipo de produtos. Polo momento está confirmada a participación de Bodegas Carballo, Proquiber, Distribucións Cotelo, Disboa e Exclusivas Rivas Suárez, ademais de Conservas Calvo.

As tapas da última fin de semana de maio terán como ingrediente estrela o atún, e as da primeira fin de semana de xuño difundirán os produtos máis típicos de Bergantiños en elaboracións do máis variadas. As tapas custarán 1,5 euros, e con cada unha entregarase un boleto tipo rasca con premios instantáneos. 

O horario de Carballo por Etapas será de 20 a 22 h os venres, e de 12 a 14 e 20 a 22 os sábados e os domingos. Este ano volverá a realizar o percorrido por todos os locais participantes o tren turístico do Concello de Cabana de Bergantiños, pero por esixencias da normativa de tráfico terá que deixar de circular ás 21.30 horas. Ata esa hora, a ruta pasará polos 19 establecementos: A Barra Bar, A Cervecería de Luis, A Nova Ferradora, Cafés A Cafeteira, cafetería Abastos, cafetería bar Embajador, cafetería bar Ginebra, cafetería Habanos 79; cervecería Ágora, cervecería Dublín, cervecería La Bombonera, mesón A Cabaña, mesón As Viandas, Mio Fratello (de próxima apertura na rúa Carlos Casares), restaurante El Hórreo, restaurante Mesón do Pulpo, restaurante vinoteca A de Pako, taberna O Mexillón e trattoría pizzería Vesuvio.

Compartir: