Inicio Carballo ao día Avisos Aberto o prazo de solicitude de axudas para...

Aberto o prazo de solicitude de axudas para actividades de promoción económica

Mércores 26 de abril do 2017

A partir do 29 de abril está aberto o prazo de solicitude de subvencións a entidades empresariais para actividades de promoción económica, unha nova acción de dinamización do comercio de proximidade e da hostalaría impulsada polo departamento que dirixe Xosé Regueira. As axudas concederanse, en réxime de concorrencia competitiva, para accións de dinamización, programas de formación e actividades de promoción económica desenvolvidos ao longo do ano 2017, e ata un importe máximo total de 52.000 euros.

Poden concorrer á convocatoria as entidades empresariais xuridicamente constituídas que carezan de fins de lucro, teñan a súa sede social en Carballo e desenvolvan a súa actividade no municipio, estean inscritas no rexistro municipal de asociacións e ao corrente das súas obrigas fiscais e non ter pendente de xustificar ningunha axuda económica concedida anteriormente polo Concello. As bases completas, así como o modelo de solicitude, figuran no documento adxunto.

Descargas

Compartir: