Inicio Carballo ao día Avisos Aberto o prazo de solicitude para participar no...

Aberto o prazo de solicitude para participar no programa de turismo do Imserso

Martes 9 de maio do 2017

Entre o 9 de maio e o 7 de xuño está aberto o prazo para o Programa de Turismo do Imserso 2017-2018. As persoas que dispoñían de acreditación para viaxar a pasada tempada non terán que cumprimentar nova solicitude, pois o Imserso remitiulles unha carta para a renovación de datos que recibiron ou recibirán en breve. Con todo, recoméndase a todas as persoas que realicen unha nova solicitude que a presenten, pola súa sinxeleza e rapidez, de forma telemática a través da sede electrónica do Imserso. Finalmente lémbrase que, concluída esta primeira fase, o prazo de presentación de solicitudes manterase aberto do 8 de xuño de 2017 ao 26 de febreiro de 2018.

Máis información no departamento de Servizos Sociais, no antigo ambulatorio.

Ligazóns

Compartir: