Inicio Carballo ao día Avisos O Concello de Carballo pon en marcha de novo o...

O Concello de Carballo pon en marcha de novo o proceso de contratación dos servizos de formación en cociña para a Escola de Hostalaría

Venres 12 de maio do 2017

O Concello de Carballo publica o anuncio de licitación dun contrato de servizos de formación en cociña para a Escola de Hostalaría do Fórum. Trátase dun procedemento aberto para seleccionar á empresa que se encargará durante dous anos da formación de profesionais da hostalaría en Carballo. O prezo do contrato é de 102.850 euros ao ano, e os interesados dispoñen de prazo ata o 29 deste mes de maio para presentar as súas ofertas.

No documento adxunto pode consultarse o anuncio de licitación publicado no BOP. As bases están dispoñibles no perfil do contratante desta web.

Descargas

Compartir: