Inicio Carballo ao día Avisos Bases da convocatoria de asignación de...

Bases da convocatoria de asignación de usos das instalacións deportivas municipais

Martes 27 de xuño do 2017

O Concello de Carballo abre o prazo de solicitude de usos das instalacións deportivas municipais para a temporada 2017-18. O obxectivo da convocatoria, que pode consultarse de forma íntegra no documento adxunto, é a asignación de usos ás entidades deportivas e/ou educativas sen ánimo de lucro para que poidan desenvolver a súa actividade (adestramentos, competicións e organización de eventos deportivos).

O prazo de solicitude estará aberto durante 15 días naturais a partir do 28 de xuño. Na documentación adxunta tamén se inclúe o modelo de instancia, que debe presentarse, debidamente cuberta, no Rexistro Xeral do Concello de Carballo.

Horarios

Horarios de uso para adestramentos de clubs federados e actividades:
Complexo deportivo Vila de Noia
Pavillón: de luns a venres, de 09.00 a 13.00 e de 16.00 a 23.45
Complexo deportivo Carballo Calero
Pavillón: de luns a venres de 09.00 a 13.00 e de 15.30 a 24.00 horas
Piscina: de luns a venres de 15.30 a 22.30 (luns, mércores e venres de 07.30 a 08.30) / sábados, de 09.00 a 13.30 horas.
Complexo deportivo As Eiroas
De luns a venres de 17.30 a 23.00 horas

Horarios de uso para competicións oficiais de clubs federados:
Complexo deportivo Vila de Noia
Pavillón: sábados, de 09.00 a 14.30 e de 15.30 a 21.30 /domingos, de 09.00 a 14.30 / festivos, de 09.00 a 14.00 horas (só no caso de competicións que estean calendadas)
Complexo deportivo Carballo Calero
Pavillón: sábados, de 09.00 a 14.30 e de 15.30 a 21.30 horas / domingos, de 09.00 a 14.30 / festivos, de 09.00 a 14.00 (só no caso de competicións que estean calendadas)
Piscina: sábados, de 15.30 a 21.30 / domingos, de 09.00 a 14.30
Complexo deportivo As Eiroas
Sábados, de 09.00 a 14.30 e de 15.30 a 21.30 / domingos, de 09.00 a 14.30 e de 15.30 a 20.30 / festivos, de 09.00 a 14.00 horas (só no caso de competicións que estan calendadas)

Descargas

Compartir: