Inicio Carballo ao día Avisos Convocatoria de subvencións a entidades...

Convocatoria de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para actividades no eido dos servizos sociais

Mércores 28 de xuño do 2017

O Concello de Carballo abre o 29 de xuño, durante 15 días naturais, o prazo de solicitude de subvencións por parte de entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan actividades no eido dos servizos sociais ao longo deste ano 2017. O orzamento do programa acada os 32.000 euros.

Serán subvencionables as accións dirixidas á comunidade, a familia, a infancia, a mocidade, as persoas discpacitadas, os maiores, a muller, minorías étnicas, colectivos afectados por drogodependencias e alcohlismo, delincuencia e reinserción de ex internos, outras problemáticas de exclusión social ou as actividades de carácter formativo ou asistencial.

Nos documentos adxuntos poden descargarse as bases completas, a publicación da convocatoria e o modelo de solicitude.

Descargas

Compartir: