Inicio Carballo ao día Avisos Toma nota dos horarios de verán das...

Toma nota dos horarios de verán das bibliotecas e a ludoteca municipais

Domingo 2 de xullo do 2017

As bibliotecas e a ludoteca municipais modifican durante os meses de verán os seus horarios de apertura ao público, que quedan deste xeito:

  • A Biblioteca do Museo funcionará de 8.30 a 14.30 horas, de luns a venres, en xullo e agosto.
  • A Biblioteca Rego da Balsa manterá durante o mes de xullo o horario de 10.30 a 20.30 horas de luns a venres, pero en agosto abrirá só pola mañá, de 10.30 a 13.30 horas. Os sábados estará a disposición do público de 10 a 13 horas, tanto en xullo como en agosto.
  • A Ludoteca Municipal continúa accesible para as nenas e os nenos durante o mes de xullo, en horario de 11 a 13 de luns a venres, aínda que os días 6 e 7 permanecerá pechada debido á celebración da Praza dos Libros, na que tamén haberá actividades para os/as máis pequenos/as. Durante o mes de agosto a instalación estará pechada.

Compartir: