Inicio Carballo ao día Novas Concentración silenciosa na Praza do...

Concentración silenciosa na Praza do Concello polas vítimas do atentado de Barcelona

As bandeiras ondean a media hasta na Casa do Concello pero mantéñense todos os actos programados

Venres 18 de agosto do 2017

Carballo manifestouse abertamente contra o terrorismo cunha nova concentración silenciosa ás portas da Casa do Concello, na que as bandeiras ondean a media hasta. Máis de 80 persoas expresaron deste xeito a súa solidariedade coas vítimas e as súas familias e a repulsa do pobo carballés a este novo exemplo de violencia yihadista. Case sen palabras, Evencio Ferrero manifestou antes de dar paso aos 2 minutos de silencio que “esta barbarie que se vai sucedendo en cidades europeas énchenos a todos de impotencia. Nós gustamos das Ramblas de flores, da diversidade e da pluralidade, e queremos que siga sendo esa Rambla viva, como sempre foi”, en alusión ao lugar no que se produciu o ataque.

Ao remate dos dous minutos de silencio, o alcalde de Carballo anunciou que o Concello manterá a actividade prevista, “porque non estamos dispostos a que os terroristas nos marquen o ritmo”.

Compartir: