Inicio Carballo ao día Avisos As unidades móbiles da ITV de turismos e...

As unidades móbiles da ITV de turismos e vehículos agrícolas estarán en setembro no polígono de Bértoa

Martes 22 de agosto do 2017

En setembro visitaran Carballo as unidades móbiles do servizo de inspección técnica de vehículos, tanto de turismos como de vehículos agrícolas. As revisións realizanse no lugar de costume, no polígono industrial de Bértoa.

  • A ITV de turismos estará en Carballo do 12 ao 14 de setembro. O horario de atención ao público será de 9 a 13.30 e de 15.15 a 18, agás o día 14, que será só pola mañá.
  • A ITV de vehículos agrícolas permanecerá a disposición do público do 22 ao 25 de setembro, co mesmo horario. 
As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 902309000 ou da páxina web www.sycitv.com.

Compartir: