Inicio Carballo ao día Avisos Aberto o prazo de inscrición para o curso...

Aberto o prazo de inscrición para o curso de "Mellora da formación e calidade" que organiza Axober coa colaboración do Concello

Luns 9 de outubro do 2017

Axober ten aberto o prazo de inscrición para o curso de “Mellora da formación e calidade” que organiza coa colaboración do Concello de Carballo, e no que se abordarán os seguintes temas:

- O Proxecto da nova Lei de Autónomos e a súa repercusión neste colectivo.
- Actualización das novidades lexislativas en materias de fiscalidade e impostos.

• Datas de celebración: 25 e 26 de outubro
• Horario: de 20:00 a 22:30
• Lugar: sede da Asociación
• Inscricións: teléfono 981 756 313 ou informacion@axober.org

Compartir: