Inicio Carballo ao día Novas Arranca o proceso de selección de persoal...

Arranca o proceso de selección de persoal docente para os cursos AFD de informática e servizos de bar e cafetería

As persoas que queiran participar nas accións formativas tamén poden inscribirse na oficina do Servizo Público de Emprego de Galicia, na planta baixa do Fórum

Luns 20 de novembro do 2017

O Concello de Carballo pon en marcha o proceso de selección de persoal docente para os cursos AFD de Programación de sistemas informáticos e Servizos de bar e cafetería que se impartirán a partir dos mes que vén no Fórum. Mañá martes abrirá o prazo, de sete días hábiles, para as persoas que queiran participar no proceso selectivo. As bases están dispoñibles aquí.

Ao mesmo tempo, as persoas que queiran formarse nalgún deses cursos poden inscribirse e/ou solicitar información na oficina do Servizo Público de Emprego de Galicia, situado na planta baixa do Fórum Carballo. Os/as candidatos/as deben cumprir os seguintes requisitos.

Servizos de bar e cafetería

a) Estar en posesión do título de graduado ou graduada en educación secundaria obrigatoria
b) Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado de profesionalidade a que desexa acceder
c) Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional
d) Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio, ou ben ter superado as correspondentes probas de acceso convocadas polas administracións educativas
e) Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou 45 anos
f) Ter o certificado de apto nas competencias necesarias para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación correspondente, a través da superación das probas de avaliación en competencias clave convocadas pola Consellería de Traballo e Benestar. Estarán exentas da realización destas probas as persoas que superasen con avaliación positiva accións formativas correspondentes a competencias clave que figuren no ficheiro de especialidades formativas do Servizo de Emprego Público Estatal.

Programación de sistemas informáticos

a) Estar en posesión do título de bacharelato
b) Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado de profesionalidade a que desexa acceder
c) Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia e área profesional
d) Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao superior, ou ben ter superado as correspondentes probas de acceso convocadas polas administracións educativas
e) Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou 45 anos
f) Ter o certificado de apto nas competencias necesarias para acceder aos certificados de nivel 3 de cualificación correspondente, a través da superación das probas de avaliación en competencias clave convocadas pola Consellería de Traballo e Benestar. Estarán exentas da realización destas probas as persoas que superasen con avaliación positiva accións formativas correspondentes a competencias clave que figuren no ficheiro de especialidades formativas do Servizo de Emprego Público Estatal.

Compartir: