Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Concellería de Obras e Servizos prepara...

A Concellería de Obras e Servizos prepara de cara ao 2018 un plan de mellora dos xardíns municipais

Hoxe rematou unha actuación puntual xunto ao edificio de vivendas sociais situado na esquina das rúas Vázquez de Parga e Vila de Corme

Xoves 28 de decembro do 2017 Carballo ao día

Un dos obxectivos que se marca a Concellería de Obras e Servizos de cara ao ano 2018 é a mellora dos xardíns municipais e dos espazos verdes repartidos polo territorio. De feito, a partida destinada a mantemento de parques e xardíns aumenta un 155%, desde os 100.000 € consignados este ano ata os 255.000 que figuran nos orzamentos aprobados xa para o ano que vén. “Cada día temos máis zonas verdes, e queremos telas nas mellores condicións”, sinala o concelleiro da área, Luis Lamas. 

Polo momento, desde a Concellería de Obras e Servizos están a acometerse actuacións puntuais, como a que vén de realizarse esta semana xunto ao edificio de vivendas sociais situado no cruce das rúas Vázquez de Parga e Vila de Corme. Xusto na esquina había dous salgueiros choróns cuxas raíces estaban a provocar roturas nas canalizacións da auga. Para paliar ese problema, o departamento de Luis Lamas optou por realizar unha pequena actuación que consistiu na preparación do macizo, a plantación de flores de temporada e a substitución dos salgueiros por laranxeiras. O resultado podedes velo na fotografía superior.

Compartir: