Inicio Carballo ao día Avisos A BDT convoca cursos de formación...

A BDT convoca cursos de formación gratuítos para as persoas que queiran obter os certificados de profesionalidade

Luns 5 de marzo do 2018

O Concello de Carballo, a través da Bolsa de Traballo (BDT), ofrece aos veciños e veciñas a posibilidade de formarse, de xeito totalmente gratuíto, para presentarse nas mellores condicións ás probas de avaliación en competencias clave convocadas pola Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral para o 12 de maio en Silleda.

Todos/as participantes recibirán formación en competencia de Lingua Castelá, Lingua Galega, Matemáticas e 2 Lingua Inglesa. Con esta formación o alumnado poderá optar con maior seguridade, confianza e preparación ás probas convocadas pola Xunta de Galicia para obter o certificado de profesionalidade de nivel 2 ou 3.

As persoas interesadas poden inscribirse desde o 5 ata o 12 de marzo presentando, debidamente cuberta, a ficha adxunta en calquera dos rexistros municipais. Tamén pode descargarse nesta nova o impreso de matrícula para as probas que convoca a Xunta. Os cursos celebraranse sempre e cando exista un grupo mínimo de 20 persoas.

Descargas

Compartir: