Inicio Carballo ao día Avisos Ata o 16 de abril podes participar no IX Concurso...

Ata o 16 de abril podes participar no IX Concurso de Viñetas da Deputación da Coruña. Informáte aquí

Luns 12 de marzo do 2018

Dende a Deputación Provincial da Coruña, no marco das actividades de comemoración do 8 de marzo, convócase  o IX Concurso de Viñetas, para reflexionar, concienciar e mudar mentalidades da cidadanía en xeral e da poboación adolescente en particular, sobre as mulleres na historia de Galicia co obxeto de visibilizar o empoderamento das mulleres como presenza fundamental no desenvolvemento da sociedade galega.

PARTICIPANTES
Poderán participar todas as persoas físicas, con idades comprendidas entre os 12 e 18 anos, de calquera nacionalidade, que se presenten individualmente ou en grupo. Cada participante/s só poderán presentar unha única obra orixinal e inédita, escrita en galego e non premiada con anterioridade. Non poderán participar as persoas que foses premiadas con anterioridade neste concurso.

TEMÁTICA
Os traballos presentados versarán sobre:

  • Historias das mulleres en Galicia.
  • Biografías femininas galegas que visibilicen as súas obras ou legados.
  • Empoderamento feminino na historia de Galicia.

FORMATO
A viñeta poderá presentarse en formato como mínimo DIN A5 e como máximo DIN A4. A historia poderá estar composta por unha viñeta ou por un máximo de seis viñetas cun fío conductor. Poderá empregarse calquera técnica. A execución do traballo poderá ser manual ou dixital. A obra presentarase en formato físico de papel. A obra non poderá ir asinada co nome. O idioma empregado será o galego.

PREMIOS
  • CATEGORÍA A (idades comprendidas entre os 12 e os 14  anos) Outogarase primeiro, segundo e terceiro premio. Primeiro premio: consistirá un IPAD AIR e unha colección de cómics. Segundo e terceiro premios: consistirán nunha TABLET e unha colección de cómics.
  • CATEGORÍA B (idades comprendidas entre os 15 e 18 anos) Outogarase primeiro, segundo e terceiro premio. Primeiro premio: consistirá un IPAD AIR e unha colección de cómics. Segundo e terceiro premios: consistirán nunha TABLET e unha colección de cómics.

PRAZO E FORMA DE PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS
prazo de admisión de obras ábrese o día seguinte á publicación no  BOP 7 de marzo de 2018 e péchase aos 40 días naturais (16 de abril de 2018).
+ info: https://www.dacoruna.gal/servizos-sociais/area-igualdade/premios/concurso-vinetas/2018/

Compartir: