Inicio Carballo ao día Novas 235 escolares participan esta semana na...

235 escolares participan esta semana na campaña de sensibilización ambiental sobre a auga

En cada centro participante no concurso de debuxo serán escollidos/as 12 finalistas

Luns 16 de abril do 2018

A campaña chegou hoxe aos colexios Bergantiños (na imaxe) e Gándara-Sofán

A campaña chegou hoxe aos colexios Bergantiños (na imaxe) e Gándara-Sofán

Un total de 235 escolares de seis centros educativos participan entre luns e martes na campaña promovida pola empresa concesionaria do ciclo da auga, Gestagua, e o Concello de Carballo para empezar a concienciar aos máis pequenos e pequenas sobre o perigo que supoñen axentes contaminantes que utilizamos na nosa vida cotiá para a auga e para o medio ambiente.

A iniciativa chegou na xornada de luns aos colexios Gándara-Sofán e Bergantiños. A campaña vai dirixida ao alumnado de segundo curso de Primaria, e consiste nun concurso de debuxo co obxectivo de que os nenos e nenas plasmen nos seus debuxos a eses contaminantes, os “ruíns da auga”, a modo de monstros, para que saiban que cousas non poden tirarse polo inodoro porque contaminan a auga. Os nenos e nenas contarán coa axuda de dúas personaxes chamadas KO e OK, creadas especificamente para esta campaña, que servirán para que tomen conciencia da importancia que teñen para o medio ambiente as pequenas decisións cotiás.

Hoxe foi a quenda dos colexios Fogar, A Cristina, Nétoma-Razo e Artai. En cada centro elixiranse 12 finalistas, que participarán nunha excursión, e haberá un gañador ou gañadora que levará un premio especial.

Compartir: