Inicio Carballo ao día Avisos A empresa concesionaria da xestión dos...

A empresa concesionaria da xestión dos residuos leva a cabo unha nova campaña de lavado de contedores

Venres 27 de abril do 2018

A empresa concesionaria da xestión dos residuos no noso concello, Urbaser UTE, está a levar a cabo estes días a segunda campaña de lavado de contedores do ano 2018. Nesta ocasión os traballos desenvólvense nos distintos barrios urbanos, e en horario nocturno para evitar molestias á veciñanza.

Todos os colectores distribuídos polo concello, tanto no casco urbano coma nas parroquias, reciben unha media de cinco lavados ao ano. No municipio de Carballo contamos con preto de 1.000 contedores.

Compartir: