Inicio Carballo ao día Avisos Aberto ata o 30 de maio o prazo de...

Aberto ata o 30 de maio o prazo de inscrición para os campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade

Luns 30 de abril do 2018

Os campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade permiten gozar durante 10 días, dunha estadía socializadora e de convivencia, nun espazo lúdico, humano, integrador, formativo e seguro; mediante o desenvolvemento de actividades que este ano estarán dirixidas especialmente ao fomento de habilidades sociais, ao contacto coa natureza e o mar, ao coñecemento da propia cultura e á educación para a saúde.

A solicitude de praza neste programa de campamentos específicos para persoas con discapacidade é compatible coa solicitude de prazas de inclusión no programa Campaña de verán 2018 da D.X. de Xuventude e Voluntariado.

Persoas destinatarias

As persoas que teñan recoñecida a condición de persoa con discapacidade, cun grao igual ou superior ao 33%, e unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos, segundo se indica en cada unha das quendas, e que cumpran os seguintes requisitos:

  • Ter recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33%.
  • Ter unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos. Ter cumprida a idade mínima ao inicio da quenda e non superar a idade máxima á súa finalización.
  • Estar empadroado nalgún concello de Galicia.
  • Non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
  • Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso  da actividade.
  • Ter unha capacidade mínima de comunicación e de participación nas actividades que se van desenvolver.
  • Ter unha mobilidade acorde coas características da instalación que se solicita.
As solicitudes deben presentarse na Consellería de Política Social antes do 30 de maio.

Máis información

Teléfono Social gratuíto: 900 333 666
Para información sobre a xestión dos campamentos, envío de documentación, valoración de solicitudes e concesión de prazas:

Para información sobre as instalacións nas que se desenvolve o programa pódese consultar a páxina web http://politicasocial.xunta.gal/web/portal/portada ou dirixirse directamente ás propias instalacións.

Compartir: