Inicio Carballo ao día Avisos Aprobación de criterios interpretativos...

Aprobación de criterios interpretativos sobre a categorización das actividades do artigo 220 da normativa do PXOM

Xoves 10 de maio do 2018

O Pleno municipal, en sesión ordinaria, que tivo lugar o 26 de marzo de 2018 acordou aprobar os seguintes criterios interpretativos sobre a categorización das actividades do artigo 220 da normativa do PXOM de Carballo:

Criterio 1.- A relación de actividades incluída no artigo 220 do PXOM considérase de modo xenérico, non exhaustivo, nin excluínte, polo que será a propia descrición da actividade que se pretenda desenvolver a que a determinará a cualificación da actividade como uso comercial ou industrial e con elo os requisitos normativos aplicables.

Con independencia de que nominalmente a actividade apareza citada no artigo 220, considerarase unha actividade encadrable dentro do uso industrial no caso de que se realice un proceso industrial ou as operacións definidas do artigo 219 da normativa do PXOM, e considerarase como actividade de uso comercial cando se trate de poñer a disposición de consumidores e usuarios bens e servizos susceptibles de tráfico comercial, segundo a definición contida no artigo 227 do PXOM e na normativa sectorial.

En particular, a modo de exemplo, as actividades de reloxería, lavandería, reparación de calzado, droguería ou imprenta, citadas nas categorías A e B do uso industrial do artigo 220, terán a consideración de uso comercial ou industrial, en función da propia descrición da actividade que se pretenda realizar, e tendo en conta o tipo de maquinaria utilizada, residuos xerados, emisións, verquidos, ruído, a existencia dun proceso industrial ou, se é o caso, a venda de produtos ao público ou a prestación dun servizo.

Criterio 2.- Consideraranse como actividades incluídas na categoría A do uso industrial do artigo 220 do PXOM, aquelas que polas súas características, descrición, recursos utilizados, procesos produtivos, escasas emisións ou ruído que poidan xerar, poñan de relevancia a súa compoñente artesanal con escasa maquinaria, movida á man ou por motores de baixa potencia, cando cumpran coas limitacións de potencia establecidas para esta categoría A e a superficie do establecemento non supere os 200 m², aínda que aparezan citadas de xeito xenérico na categoría B. Polas súas características, emisións e ruído, exclúense desta consideración os talleres de confección, os talleres de carpintería e vernizado de madeira, os talleres de perfilarías metálicas e os talleres de ferraxería.

Descargas

Compartir: