Inicio Carballo ao día Avisos Aberto o prazo de solicitude para participar no...

Aberto o prazo de solicitude para participar no programa de turismo do Imserso 2018-19

Martes 22 de maio do 2018

Xa está aberto o prazo de solicitude de participación no programa de turismo do Imserso para a tempada 2018/2019. Os/as destinatarios/as do programa son:

  • Pensionistas de xubilación do sistema público español de pensións.
  • Pensionistas de viuvez con 55 ou máis anos cumpridos.
  • Pensionistas por outros conceptos ou perceptores de prestacións ou subsidios de desemprego, en todos os casos con 60 anos cumpridos.
Poderán ir acompañados polo ou pola cónxuxe ou, no seu caso, pola parella de feito ou persoa coa que se constitúe unha unión estable e de convivencia.

O prazo de presentación de solicitudes do programa de turismo do Imserso para a tempada 2018/19 abrangue dende o día 16 de maio de 2018 ata o 26 de febreiro de 2019 distribuídos nas seguintes fases:
  • Primeira: a partir do 16 de maio ao 14 de xuño, recibirán acreditacións para os primeiros días de comercialización do programa. 
  • Segunda: a partir do 15 de xuño de 2018 ata o 26 de febreiro de 2019, para recibir acreditacións posteriormente.
Máis información no Departamento de Servizos Sociais (antigo ambulatorio).

Descargas

Compartir: