Inicio Carballo ao día Avisos Cándida Vázquez Blanco,...

Cándida Vázquez Blanco, gañadora da viaxe a Madeira no sorteo da campaña "Quere o teu mercado"

Xoves 31 de maio do 2018

Un neno foi a man inocente no sorteo celebrado hoxe

Un neno foi a man inocente no sorteo celebrado hoxe

Cándida Vázquez Blanco, que recibiu o boleto ao comprar na Carnicería Costa, foi a afortunada no sorteo da campaña "Quere o teu mercado", celebrado hoxe no propio Mercado Municipal. A Concellería de Promoción Económica estableceu un premio consistente nunha viaxe a Madeira para dúas persoas que inclúe os voos directos dende Santiago, os traslados entre os aeroportos e o hotel e seis noites de estancia nun hotel de tres estrelas en réxime de aloxamento e almorzo. Cándida Vázquez dispon de prazo ata o 30 de novembro para gozar do seu premio.

O Concello de Carballo, que se sumou un año máis á campaña internacional con motivo do Día do Mercado, destaca o importante dinamizador que ten o Mercado Municipal, que é garantía de calidade, bo servizo e atención personalizesada. O obxectivo da campaña é, precisamente, poñer en valor ese papel revitalizador e fomentar o consumo local.

Compartir: