Inicio Carballo ao día Avisos Aberto o prazo de solicitude das...

Aberto o prazo de solicitude das subvencións para actividades de promoción económica

Venres 22 de xuño do 2018

Dende o 22 de xuño ata o 11 de xullo, ámbolos dous incluídos, está aberto o prazo de solicitude das subvencións convocadas polo Concello de Carballo para facilitar ás asociacións de empresarios e comerciantes a realización de actividades de promoción económica ao longo do ano 2018.

A Concellaría de Promoción Económica destina a este paquete de axudas un total de 60.000 euros, que permitirán financiar actividades de difusión, promoción e apoio do tecido empresarial local, accións formativas (cursos, congresos, seminarios, talleres, xornadas, exposicións...) e de dinamización da actividade económica local. O Concello de Carballo subvencionará ata o 50% do presuposto total do programa presentado.

As solicitudes deben presentarse de xeito telemático na sede electrónica do Concello de Carballo. As bases completas e o extracto da convocatoria, cuxa publicación marca o inicio do prazo de solicitude, poden consultarse nos documentos adxuntos. Tamén pode descargarse o impreso de solicitude.

Descargas

Compartir: