Inicio Carballo ao día Avisos Xa podes recoller na Oficina de Turismo e nos...

Xa podes recoller na Oficina de Turismo e nos edificios municipais o novo rueiro de Carballo

Mércores 1 de agosto do 2018

Xa está á vosa disposición o novo rueiro de Carballo. Trátase dunha actualización na que se engaden todas as áreas de estacionamento da capital municipal e na que se reflicten novos datos como todos os servizos que ofrece o Fórum Carballo ou a localización da nova sede da Policía Nacional para renovar o DNI no edificio da Casa do Concello.

Ademais da lóxica actualización de datos, como novidade o rueiro conta cun código de localización QR para poder descargalo dixitalmente en PDF, e na traseira engádese unha sección dedicada en exclusiva ás panadarías do municipio incluídas na marca Pan de Carballo e aos establecementos de artesanía.

Os aloxamentos divídense tamén, e por vez primeira, naqueles situados na capital municipal e nos campings, apartamentos turísticos, hoteis rústicos, hoteis e casas rurais do resto do territorio.

Pide o teu na Oficina de Información Turística - Museo de Bergantiños ou nos edificios municipais. E se queres descargalo xa, fai click un pouco máis abaixo.

Descargas

Compartir: