Inicio Carballo ao día Novas A partir do martes 14 volverán as obras de...

A partir do martes 14 volverán as obras de reparación de varias rúas urbanas

Os traballos continuarán, por esta orde, no cruce de Alfredo Brañas con Gran Vía e nas rúas Santa Ana, Pan, Luis Calvo, Perú e rotonda de Ponte da Pedra

Venres 10 de agosto do 2018

As obras de asfaltado conviven coas de eliminación de barreiras nos camiños escolares

As obras de asfaltado conviven coas de eliminación de barreiras nos camiños escolares

A empresa Construcciones López Cao retomará o martes 14 as obras de reparación de vías urbanas. As máquinas traballarán en primeiro lugar no cruce de Alfredo Brañas con Gran Vía, onde xa están rematados os traballos de renovación da rede de abastecemento de auga que obrigaron a adiar o asfaltado. A continuación desprazaranse, por esta orde, ás rúas Santa Ana, Pan, Luis Calvo, Perú e glorieta de Ponte da Pedra, e rematarán na zona do CEIP Bergantiños.

O proxecto, financiado polo Concello de Carballo cun orzamento de 77.984,50 euros, inclúe actuacións de mantemento nun total de 7.731,50 metros de vías urbanas, que se dividen en tres bloques en función do tipo de actuación precisa: fresado e reposición da capa de rodaxe, dobre rego asfáltico ou lechada bituminosa.

Os desvíos estarán convenientemente sinalizados e haberá presenza policial nas zonas afectadas polas obras, ademais de atención telefónica constante ante calquera incidencia nos teléfonos 981 701 722 e 092.

Compartir: