Inicio Carballo ao día Novas Aprobada a concesión de subvencións...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Aprobada a concesión de subvencións a asociacións de empresarios e comerciantes por preto de 45.000 euros

Na sesión de hoxe tamén foi aprobada a licenza de primeira ocupación para o edificio comercial e administrativo das rúas Esquío, Concepción Arenal e Vázquez de Parga

Luns 13 de agosto do 2018

O edificio comercial e administrativo das rúas Concepción Arenal, Vázquez de Parga e Esquío xa ten licenza de primeira ocupación

O edificio comercial e administrativo das rúas Concepción Arenal, Vázquez de Parga e Esquío xa ten licenza de primeira ocupación

A Xunta de Goberno Local aprobou na súa sesión ordinaria de hoxe a concesión de subvencións a asociacións de empresarios e comerciantes para o desenvolvemento de actividades de promoción económica durante este ano. O Concello de Carballo, a través da Concellaría de Promoción Económica, repartirá un total de 44.742,22 euros entre catro entidades en función das solicitudes presentadas e da valoración das mesmas realizada pola comisión avaliadora, integrada por persoal técnico municipal.

Deste xeito, as subvencións quedan do seguinte xeito:

  • Asociación As Eiroas de Empresarios e Propietarios do Polígono de Bértoa: 1.079.93 euros para mantemento, actualización e modernización da web e servizos ao s asociados.
  • Centro Comercial Aberto de Carballo: 36.420,21 euros para o financiamento da unidade xerencial e campañas de promoción comercial e fidelización.
  • Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños: 4.342,08 euros para servizo de asesoramento, Axober Work Party, promoción e publicidade e gastos de persoal.
  • Asociación de comerciantes, hostaleiros e profesionais do Barrio da Milagrosa: 2.900 euros para o Mercado Medieval, a campaña Fuxida de escaparates e a carreira de obstáculos.
  As entidades terán que xustificar un investimento polo dobre da achega concedida.

Outros asuntos

En materia de subvencións, hoxe tamén foron aprobadas as bases da convocatoria de axudas ás familias para actividades de conciliación durante o verán, que se abrirá nos vindeiros días.

A Xunta de Goberno Local aprobou, así mesmo, un convenio de colaboración entre o Concello de Carballo e a Deputación Provincial da Coruña para o financiamento da Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD), que na actualidade funciona como Unidade de Condutas Aditivas, por importe de 235.000 euros.

Tamén saíron adiante hoxe facturas por importe de 61.380,62 euros e varias licenzas urbanísticas, entre elas a do edificio de uso comercial, administrativo e garaxe situado nas rúas Vázquez de Parga, Concepción Arenal e Esquío.

Compartir: