Inicio Carballo ao día Novas A empresa concesionaria da xestión dos...

A empresa concesionaria da xestión dos residuos leva a cabo estes días a cuarta campaña de lavado de contedores

Despois de percorrer todas as parroquias, a limpeza dos colectores realízase agora no casco urbano

Martes 14 de agosto do 2018

O lavado dos contedores realízase polas noites para evitar molestias

O lavado dos contedores realízase polas noites para evitar molestias

Dous meses despois da campaña de lavado de contedores nas outras 17 parroquias, a empresa concesionaria da xestión dos residuos está a levar a cabo estes días o cuarto lavado do ano no casco urbano, xa que estamos nunhas datas nas que soben as temperaturas, aumenta a poboación e, en consecuencia, xeramos máis residuos. Operarios de Urbaser UTE empezaron esta semana o lavado de todos os contedores, un traballo que se fai polas noites para causar as menores molestias posibles, e agardan rematar esta cuarta campaña a semana que vén.

No municipio de Carballo temos arredor de 1.000 contedores, e todos reciben unha media de cinco lavados ao ano. De todos os xeitos, no caso de que apareza unha necesidade puntual, calquera persoa pode poñerse en contacto coa empresa a través do número de teléfono 981 754 917 ou do enderezo electrónico info@carballolimpo.com.

Por outra banda, lembramos que mañá, 15 de agosto, non funcionará o punto limpo móbil por tratarse dun día festivo. O resto do verán funcionará con normalidade, ao igual ca o punto limpo do polígono industrial de Bértoa, onde podedes entregar os voluminosos todos os xoves e sábados de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 19.00 horas.

Desculpade as molestias e grazas por colaborar para facer un Carballo máis limpo!

Compartir: