Inicio Carballo ao día Novas A campaña de lavado de contedores...

A campaña de lavado de contedores continúa no casco urbano e esténdese tamén ás praias

Venres 17 de agosto do 2018

Lavado de contedores na zona de Baldaio

Lavado de contedores na zona de Baldaio

O compromiso do Concello de Carballo coa calidade dos servizos é constante. Por iso estes días, ademais de continuar co lavado de contedores no casco urbano (o cuarto deste ano), o persoal da empresa concesionaria da xestión dos residuos no noso concello, Urbaser UTE, leva a cabo tamén a segunda limpeza do verán nas praias, tanto en Razo coma na zona de Baldaio. A zona costeira convértese nesta época do ano no destino de miles de persoas, e por ese motivo cada verán reforzamos tamén o servizo de recollida con máis contedores.

Na actualidade contamos con preto de 1.000 colectores distribuídos por todo o concello e que reciben unha media de cinco lavados ao ano. O cuarto, que está en marcha nestes momentos no casco urbano e que está previsto rematar a semana que vén, realízase polas noites para evitar molestias á veciñanza. Estes día a limpeza realizouse nas zonas do Igrexario e As Labradas.

Compartir: