Inicio Carballo ao día Novas As iniciativas de sensibilización social...

A CAMPAÑA CONTRA AS CABICHAS REPETIRASE O DOMINGO

As iniciativas de sensibilización social saíron á rúa aproveitando a celebración do mercado semanal

A xunta local da Asociación contra o Cancro promocionou a andaina solidaria do día 21 e APEM conmemorou o Día Mundial da Saúde Mental

Xoves 11 de outubro do 2018

O concelleiro Luis Lamas achegouse ao posto da xunta contra o cancro

O concelleiro Luis Lamas achegouse ao posto da xunta contra o cancro

Hoxe coincidiron tres campañas de sensibilización social moi diferentes nas rúas de Carballo.

👉Na rúa Coruña instalouse a urna coas xa famosas cabichas recollidas polo servizo de limpeza viaria, unha acción coa que pretendemos sensibilizar á poboación sobre a importancia de que cada persoa poña o seu gran de area para manter limpas as nosas rúas. A campaña repetirase este domingo de feira.

Mesa informativa de APEM

Mesa informativa de APEM

👉Moi preto, a xunta local da AECC A Coruña colocou un posto de venda de prendas especiais para a andaina solidaria contra o cancro que se celebrará o domingo 21. Chuvasqueiros, mochilas... Venderon moitísimo!

👉E diante da Casa do Concello instalouse outro posto de APEM - Asociación Pro Enfermos Mentales para dar a coñecer, coincidindo coa celebración, onte, do Día Mundial da Saúde Mental, o importante labor que leva a cabo a entidade.

Entre todas e todos facemos un Carballo moito mellor!

Compartir: