Inicio Carballo ao día Hemeroteca Evencio Ferrero asistiu na Estrada ao acto de...

Evencio Ferrero asistiu na Estrada ao acto de entrega dunha placa ao mérito á familia do policía José Luis Garea

A Academia Galega de Seguridade Pública foi escenario dunha xornada de recoñecemento á traxectoria de máis dun centro de policías locais

Venres 26 de outubro do 2018 Carballo ao día

A familia de Garea, xunto ao vicepresidente da Xunta

A familia de Garea, xunto ao vicepresidente da Xunta

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, asistiu hoxe na Estrada ao acto de recoñecemento á traxectoria de máis dun cento de policías locais galegos que superaron os 25 anos de servizo. Na xornada, organizada pola Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) e a Xunta de Galicia, tamén se fixo entrega dunha placa individual ao mérito á dona e os fillos do axente carballés José Luis Garea Vales, falecido o ano pasado en acto de servizo.

No acto participaron o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; o fiscal xefe da Audiencia de Pontevedra, Juan Carlos Aladro; o xefe superior da Policía Nacional de Galicia, Manuel Vázquez; o comisario da Policía Autonómica, Fernando Pico; o xefe da Garda Civil, coronel Jorge González Veiga; os xefes das policías locais da Coruña e Carballo, José Antonio Brandariz e Roberto Mosquera.

A entrega de dúas medallas ao mérito da Policía Local a axentes de Ourense e Vigo e dos diplomas aos alumnos e alumnas da 10ª promoción de policías locais completou a xornada.

Compartir: