Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Federación de Asociacións de...

A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia pon en marcha no Fórum un servizo de emprego comarcal

O obxectivo da iniciativa, que conta co apoio do Concello de Carballo, é facilitar o acceso das persoas con discapacidade auditiva ao mercado laboral

Mércores 31 de outubro do 2018 Carballo ao día

O Fórum Carballo será a partir de mañá a sede dun novo servizo enfocado á promoción do emprego, neste caso para persoas con discapacidade auditiva. O Concello de Carballo colabora coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) na posta en marcha do proxecto “Inserción sociolaboral das persoas xordas da comarca de Bergantiños”, que nace coa intención de facilitar o acceso deste colectivo ao mercado laboral a través, segundo explican, “dunha orientación individualizada, con formacións accesibles en lingua de signos española e a posibilidade de acceder a ofertas de traballo”.

O proxecto desenvolverase entre os meses de novembro e maio. Os luns, mércores e venres, de 08.00 a 15.00 horas, haberá no Fórum Carballo unha orientadora laboral a disposición das persoas interesadas. Os martes e os xoves atenderá no resto dos concellos da comarca.

Os únicos requisitos para participar no proxecto son:

  • Residir en Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, Laxe, A Laracha, Malpica ou Ponteceso.
  • Posuír certificado de discapacidade auditiva.

Para participar ou solicitar máis información podedes contactar co Servizo de Emprego de FAXPG a través de diferentes canles:

  • Por Whatsapp: 698 149 081
  • Por email: orientacionsociolaboral@faxpg.es ou empleo@faxpg.es
  • Por Facebook: www.facebook.com/empleofaxpg/          

Ligazóns

Vídeos

Compartir: