Inicio Carballo ao día Hemeroteca O campo de fútbol O Carral e o Pazo da...

O campo de fútbol O Carral e o Pazo da Cultura súmanse ás instalacións municipais cardioprotexidas

Persoal das áreas de Deporte e Cultura participa nun curso de formación para a utilización de desfibriladores

Luns 12 de novembro do 2018 Carballo ao día

O curso consta de dúas sesións de oito horas cada unha

O curso consta de dúas sesións de oito horas cada unha

Un total de 31 traballadores/as das áreas de Deporte e Cultura do Concello de Carballo participan nun curso de formación para a utilización de desfibriladores semiautomáticos (DESA). A primeira sesión celebrouse este sábado 10, e o 17 completarase a formación cunha segunda xornada teórico-práctica que se desenvolverá de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.

O curso consta dunha parte teórica que permitirá aos participantes obter coñecementos sobre a cadea de supervivencia, a parada respiratoria, a resucitación cardiopulmonar básica e o desfilibrador externo automatizado. Esa información compleméntase con prácticas de resucitación cardiopulmonar e uso do desfibrilador.

O obxectivo desta acción formativa é, por unha banda, a actualización da formación dos/as traballadores/as municipais que desenvolven a súa actividade nas instalacións que xa levan tempo dotadas de DESA: campo de fútbol As Eiroas, complexo deportivo Carballo Calero (piscina, sala fitness e pavillón), complexo deportivo Vila de Noia (piscina, sala fitness, sala de actividades e pavillón), e, por outra, a preparación do persoal das instalacións que veñen de ser dotadas de desfibriladores: campo de fútbol O Carral e Pazo da Cultura.

Compartir: