Inicio Carballo ao día Novas A organización do Camiño sen...

A organización do Camiño sen Límites agradeceu a colaboración do Concello de Carballo e de Protección Civil

Evencio Ferrero recibiu a representantes das entidades promotoras da ruta

Luns 19 de novembro do 2018

A entrega dos diplomas tivo lugar na Alcaldía

A entrega dos diplomas tivo lugar na Alcaldía

Representantes das entidades que organizaron e participaron na terceira edición do Camiño sen Límites están a visitar os concellos que colaboraron no desenvolvemento destas rutas inclusivas. Entre eles estivo o de Carballo, e ata aquí achegáronse membros da Federación de ANPAs Coruña-Costa da Morte e da Confederación de ANPAs Galegas, así coma das asociacións Rompendo Límites e Un Paso Máis, para facerlle entrega de cadanseu diploma ao alcalde, Evencio Ferrero, e ao xefe do Servizo Municipal de Protección Civil, Javier Souto, para agradecer o apoio recibido. Ao acto asistiron tamén as concelleiras de Igualdade e Benestar, Maica Ures, e Educación, Mar Eirís.

Desde o Concello de Carballo agradecemos o diploma de corazón, conscientes de que quen realmente o merece son todas as persoas que día tras día loitan, cun espírito de superación incrible, por salvar todos os límites físicos e mentais que a  sociedade trata de impoñerlles. Por iso, ademais de destacar a altísima participación que se está a rexistrar ano tras ano no Camiño sen Límites, Evencio Ferrero reiterou o apoio do Concello a este tipo de iniciativas. “É o mínimo que podemos facer”, manifestou.

Compartir: