Inicio Carballo ao día Hemeroteca Atlético Milagrosa e A.D. Urbeko LK...

Atlético Milagrosa e A.D. Urbeko LK disputarán o 1 de decembro un partido de homenaxe a Garrafús

José Ramón Pazos Iglesias, Garrafús, falecido recementemente, foi xogador do At. Milagrosa durante moitos anos

Mércores 28 de novembro do 2018 Deporte

O campo de fútbol do Carral (Sofán) será escenario o vindeiro sábado 1 de decembro dunha cita futbolística que vai moito máis alá do deporte, porque o obxectivo principal é render homenaxe a José Ramón Pazos Iglesias, máis coñecido coma Garrafús, recentemente falecido, aos 62 anos de idade, tras unha longa enfermidade. O seu club durante moitos anos, o Atlético Milagrosa de veteranos, organiza un partido na súa memoria contra o Urbeko LK, un equipo de médicos que xogan na liga de veteranos da Coruña. A cita arrancará ás 19.00 horas.

Ademais de xogar no Atlético Milagrosa durante moitos anos, Garrafús foi profesional na súa mocidade. Máis tarde, na categoría de veteranos, xogou coma dianteiro e lateral en moitos equipos da contorna, coma o Arteixo, o Cabana, o Ponteceso ou o Club do Mar de Caión. Co Deportivo Carballo, do que tamén formou parte, chegou a gañar unha Copa da Costa contra o Fisterra no ano 1976.

Compartir: