Inicio Carballo ao día Novas Carballo Limpo pon a punto os colectores do casco...

Carballo Limpo pon a punto os colectores do casco urbano para as festas de Nadal co sexto lavado do ano

As persoas que detecten unha necesidade puntual deben poñelo en coñecemento do servizo municipal no teléfono 981 754 917, no enderezo electrónico info@carballolimpo.com ou a través do formulario de avisos de www.carballo

Domingo 9 de decembro do 2018

No Nadal dispárase o consumo e, en consecuencia, xeramos máis residuos e utilizamos máis os contedores. Por iso, dende Carballo Limpo vimos de levar a cabo durante toda esta semana unha nova campaña, a sexta do ano, de lavado de colectores, co fin de telos a punto para as inminentes festas.

Durante o percorrido, o persoal da empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo, Urbaser UTE, atopouse con algunha sorpresa, coma a utilización dun iglú verde como taboleiro de anuncios. Desde o Concello de Carballo lembramos que, tal como establece a ordenanza municipal de limpeza, “realizar calquera clase de manipulación sobre os colectores, desprazalos ou envorcalos, así coma calquera outro acto que deteriore a súa presentación ou os faga inutilizables” é unha infracción grave e pode supoñer unha sanción de 250 euros.

Despois da campaña de lavado realizada durante o mes de outubro en todas as parroquias, con esta última limpeza no casco urbano rematamos por este ano o saneamento dos preto de 1.000 colectores que temos distribuídos por todo o territorio municipal. Despois do Nadal realizarase un novo lavado, pero no caso de que se detecte algunha necesidade puntual debe poñerse en coñecemento da empresa concesionaria a través do número de teléfono 981 754 917, no enderezo electrónico info@carballolimpo.com ou a través do formulario de avisos da páxina web www.carballolimpo.com.

Compartir: