Inicio Carballo ao día Avisos Aberto do 11 ao 17 de decembro o prazo para...

Aberto do 11 ao 17 de decembro o prazo para participar no Concurso de Escaparatismo de Nadal

Luns 10 de decembro do 2018

Do 11 ao 17 de decembro estará aberto o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparatismo de Nadal, convocado pola Concellaría de Promoción Económica co obxectivo de promocionar e apoiar ao comercio local premiando o esforzo e a súa implicación na mellora da imaxe dos establecementos do noso concello. Os impresos de solicitude están dispoñibles nos documentos adxuntos, así coma no Rexistro Xeral (de luns a venres, de 09.30 a 13.30 horas) e nos rexistros auxiliares (de 11.30 a 13.30 horas), nos que tamén deberán presentarse debidamente cubertos.

Concederanse catro premios e distribuiranse do seguinte xeito aos proxectos que obteñan unha maior puntuación segundo o ditame do xurado:

  • Primeiro premio: 800 euros
  • Segundo premio: 600 euros
  • Terceiro premio: 400 euros
  • Cuarto premio: 200 euros
O tema da decoración será o Nadal e o xurado terá en conta especialmente os seguintes criterios: calidade artística, composición, iluminación, eficacia comercial do escaparate, utilización de elementos tradicionais do Nadal, orixinalidade, uso do galego e esforzo e dedicación.

Descargas

Compartir: