Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello de Carballo adxudicou obras por...

OS PROXECTOS DESENVOLVERANSE NAS 18 PARROQUIAS

O Concello de Carballo adxudicou obras por 941.352,57 euros e licitou por valor de 2.865.057,31 neste último trimestre do ano

Mércores 26 de decembro do 2018 Carballo ao día

As obras de reforma do Museo de Bergantiños xa están adxudicadas

As obras de reforma do Museo de Bergantiños xa están adxudicadas

Nun ano de moitísima actividade na área de Contratación, o último trimestre do ano foi especialmente intenso, como demostran as adxudicacións realizadas, por importe de 941.352,57 euros, e os procesos de licitación iniciados, que suman outros 2.865.057,31. Estas cifras corresponden unicamente a obras, xa que a maiores puxéronse en marcha procedementos de contratación de servizos e subministracións importantes: pala e camión, alumeado ornamental, adquisición dun tractor-desbrozadora ou xestión de ludoteca e biblioteca, entre outros.

Entre os proxectos xa adxudicados figuran os seguintes:

  • Renovación de servizos e mellora da accesibilidade na rúa Laracha, que xa está en execución: 92.807 euros
  • Urbanización da rúa Cándido González Tiradas: 179.901,71 euros (dúas fases)
  • Reforma do Museo de Bergantiños: 207.139,90 euros
  • Cuberta do Parque do Anllóns: 135.386,90 euros
  • Aglomerado das vías Mirón (Bértoa) – Estrada DP1902 (Carballo-Razo), Bolón – A Gándara (Sofán) e A Ponte de Bértoa – O Moucho (Berdillo): 326.117,06 euros entre os tres proxectos.

O espazo público situado na contorna da antiga escola de Aldemunde converterase nunha praza

O espazo público situado na contorna da antiga escola de Aldemunde converterase nunha praza

En canto aos procesos de licitación iniciados neste último trimestre do ano, a relación é moi extensa:

  • Construción do centro social de Bértoa: 389.994,27 euros
  • Reurbanización da contorna do Fórum Carballo: 446.333,34 euros
  • Accesos a vivendas nas 18 parroquias: 449.993,23 euros  
  • Reforma do centro social de Lema: 182.659,22
  • Instalación de servizos para a futura senda peonil e ciclista Carballo-Coristanco: 497.590,03 euros
  • Acondicionamento de praza pública en Aldemunde: 112.873,63 euros
  • Reforma e adecuación do espazo público do lavadoiro do Piñeiro (Entrecruces): 55.261,90 euros
  • Reurbanización da rúa Concepción Arenal: 192.172,79 euros
  • Redes de abastecemento e saneamento de Figueroa e Outeiro (Sísamo): 288.312,98 euros
  • Acondicionamento das vías do núcleo do Castrillón (Lema): 249.865,92 euros.

Todos estes proxectos serán executados ao longo do ano 2019, xunto con outros correspondentes a procesos de licitación anteriores que están pendentes de adxudicación, e que suman outros 2.409.299,19 euros.

  • Aglomerado da vía do Igrexario de Lema a Vixía: 241.938 euros
  • Soterramento do cableado da contorna da igrexa de Rus: 44.541 euros
  • Reurbanización da rúa Barcelona: 422.907,44 euros
  • Abastecemento de auga a Oza e Razo: 1.699.912,75 euros 

Compartir: