Inicio Carballo ao día Novas Novos convenios co IES Alfredo Brañas e o...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Novos convenios co IES Alfredo Brañas e o CEIP Gándara-Sofán para seguir ampliando a rede de instalacións deportivas

Aprobada a primeira licenza do ano para a construción dunha nave no polígono industrial de Bértoa

Mércores 2 de xaneiro do 2019

O alcalde, nunha visita ao pavillón do CEIP Gándara-Sofán

O alcalde, nunha visita ao pavillón do CEIP Gándara-Sofán

A rede de instalacións deportivas de uso público continúa medrando. Grazas a colaboración entre o Concello de Carballo e os centros educativos e aos investimentos que vimos realizando nos últimos anos, nestes momentos temos 7 pavillóns a disposición dos/as deportistas e entidades locais. E pronto serán máis, porque hoxe mesmo a Xunta de Goberno Local aprobou dous novos convenios co IES Alfredo Brañas e co CEIP Gándara-Sofán para a utilización, no primeiro caso, do ximnasio e o patio cuberto, e, no segundo, do campo de fútbol, o pavillón e os vestiarios, en ámbolos casos fóra do horario lectivo.

A Xunta de Goberno Local tamén aprobou hoxe, na primeira xuntanza do ano, varias licenzas de obra, entre elas a correspondente á construción dunha nave no parque empresarial de Bértoa destinada á fabricación de antorchas de soldadura.

Compartir: