Inicio Carballo ao día Novas Asinado o convenio que permitirá utilizar...

Asinado o convenio que permitirá utilizar o ximnasio e o patio cuberto do IES Alfredo Brañas fóra do horario lectivo

A rede de instalacións deportivas de uso público continúa medrando grazas á colaboración dos centros educativos

Martes 8 de xaneiro do 2019

Na sitatura do convenio tamén estivo presente o concelleiro de Deporte e Cultura

Na sitatura do convenio tamén estivo presente o concelleiro de Deporte e Cultura

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e a directora do IES Alfredo Brañas, Mónica Mariño, asinaron o convenio de colaboración que permitirá utilizar o ximnasio e o patio cuberto do centro fóra do horario lectivo. O instituto decano do noso concello súmase deste xeito a unha rede da que tamén forman parte os outros dous centros públicos de secundaria, Isidro Parga Pondal e Monte Neme, e os colexios de infantil e primaria Fogar, Xesús San Luís Romero, Nétoma-Razo e, tan pronto como se formalice o convenio aprobado na última Xunta de Goberno Local, tamén o Gándara-Sofán.

O obxectivo do goberno municipal é seguir traballando en diversas frontes para mellorar as instalacións deportivas e optimizar o seu uso, dando resposta deste xeito a unha demanda crecente que vén derivada da intensa actividade deportiva que desenvolve o movemento asociativo no noso concello.

Segundo se establece no convenio entre o Concello de Carballo e o IES Alfredo Brañas, o acceso ás instalacións realizarase pola porta que comunica o patio coas pistas do Chorís, e, de igual xeito, o acceso ao ximnasio farase pola porta exterior, sen entrada aos vestiarios. O Concello farase responsable do bo uso das instalacións e do material, que completará e cuxo cederá, ao mesmo tempo, ao propio centro.

Compartir: