Inicio Carballo ao día Avisos Suspendido o desfile de disfraces debido ao mal...

Suspendido o desfile de disfraces debido ao mal tempo, pero mantense o baile coa orquestra Trébol

Domingo 3 de marzo do 2019

Debido á situación de alerta por vento e choiva na que nos atopamos, e na que se prevé un empeoramento das condicións meteorolóxicas para a tarde, O CONCURSO E DESFILE DE DISFRACES QUEDA SUSPENDIDO.

Intentaremos buscar unha data alternativa para a súa celebración, que, nese caso, comunicaríase tanto ás agrupacións que estaban inscritas coma ao público en xeral, coa debida antelación.

Desculpade as molestias.

Pero o Domingo de Entroido non vai deixarnos sen festa, porque O BAILE DE DISFRACES AMENIZADO POLA ORQUESTRA TRÉBOL CELEBRARASE, SEGUNDO O HORARIO PREVISTO, NA CARPA INSTALADA NA PRAZA DO CONCELLO.

Animádevos!

Compartir: