Inicio Carballo ao día Avisos Aberto o prazo de matrícula na...

Aberto o prazo de matrícula na Universidade Senior da Costa da Morte, para maiores de 50 anos

Luns 11 de marzo do 2019

Ata o 24 de marzo está aberto o prazo de matrícula na Universidade Senior da Costa da Morte, unha iniciativa na que colaboran da Universidade da Coruña, a Deputación Provincial, a Xunta e o GDR e que ten como finalidade achegar a formación ás persoas maiores de 50 anos.

Os/as interesados/as poden solicitar información na Oficina de Promoción Económica (OPE), situada no Museo de Bergantiños. A matrícula pode formalizarse na ligazón que atoparás de seguido.

Ligazóns



Galería

Compartir: