Inicio Carballo ao día Avisos Consigue o teu certificado de profesionalidade no...

Consigue o teu certificado de profesionalidade no curso de competencias clave de nivel 3 en Matemáticas que organiza o Fórum Carballo

Martes 26 de marzo do 2019

Este ano podes conseguir o teu certificado de profesionalidade sen necesidade de acudir ao exame anual que convoca a Xunta de Galicia. Por primeira vez, entre a ampla oferta de cursos AFD (Accións Formativas para Desempregados) que organiza o Concello de Carballo figuran os de competencias clave de nivel 3, que facilitan o acceso directo ao certificado da competencia.

Para participar non é preciso contar con ningún tipo de titulación nin con certificado dun nivel inferior. Simplemente é preciso inscribirse o antes posible no Fórum Carballo, ou ben acudindo ás oficinas municipais situadas no segundo andar do edificio administrativo ou ben chamando ao 981 709 011, onde tamén podes solicitar a información que precises.

Despois do curso de competencias en Lingua Española, que vén de rematar, o 8 de abril comezará o de Matemáticas, que consta de 200 horas. As clases desenvolveranse de luns a venres en horario de 09.00 a 14.00.

Os certificados de profesionalidade que se poden conseguir grazas a este tipo de accións formativas supoñen unha ferramenta moi útil para a mellora da empregabilidade.

Compartir: