Inicio Carballo ao día Novas Realizado o sorteo para elixir aos...

Realizado o sorteo para elixir aos compoñentes das mesas para as eleccións xerais do 28 de abril

O sorteo para as eleccións municipais de maio realizarase o 29 de abril, coincidindo co último pleno ordinario do mandato

Luns 1 de abril do 2019

A corporación municipal de Carballo reuniuse hoxe ás 14.00 horas para realizar o sorteo das mesas electorais para as eleccións xerais do vindeiro 28 de abril. Na sesión, que durou só os minutos necesarios para realizar o sorteo informático, tamén foi aprobada a acta do pleno ordinario celebrado o luns pasado.

O alcalde, Evencio Ferrero, avanzou que o sorteo para as eleccións municipais poderá realizarse coincidindo co pleno ordinario do 29 de abril, que será ademais o último deste mandato, xa que a data está dentro dos prazos fixados para realizar este trámite.

As persoas elixidas aleatoriamente para formar parte das mesas electorais recibirán nos vindeiros días a comunicación oficial do Concello.

Compartir: