Inicio Carballo ao día Avisos Reapertura da Biblioteca do Museo e cambio...

Reapertura da Biblioteca do Museo e cambio provisional de horarios da Ludoteca Municipal

Luns 8 de abril do 2019

A Biblioteca Municipal da rúa San Xoán Bautista volveu a abrir as súas portas no horario habitual este luns 8 de abril, despois das obras de mellora das instalacións que se acometeron nos últimos días.

Por outra banda, a Ludoteca Municipal estará pechada ao longo desta semana debido á celebración da Semana do Libro e a Lectura na Biblioteca Rego da Balsa, na que todas as tardes se desenvolven actividades infantís.

A semana que vén estará aberta de luns a mércores pola mañá, de 11.00 a 13.00 horas. O xoves e o venres santos permanecerá pechada. A partir do luns 22, o servizo volverá a funcionar no seu horario habitual.

Compartir: