Inicio Carballo ao día Novas Carballo acollerá o xoves 9 unha xornada...

40 ANOS DA DIRECTIVA AVES

Carballo acollerá o xoves 9 unha xornada técnica sobre a xestión e a conservación da píllara das dunas

A iniciativa, organizada polo Grupo de traballo sobre a píllara das dunas e o Concello de Carballo, reunirá a estudosos, interesados e técnicos de todas as administracións

Sábado 4 de maio do 2019

Píllara das dunas

Píllara das dunas

Neste 2019 cúmprense 40 anos da Directiva Aves, que marcou un antes e un despois na protección das aves e que deu lugar á declaración de Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA). Baldaio foi unha das primeiras e das poucas áreas que contan con esa declaración, e por iso Carballo acollerá o xoves 9 unha xornada técnica sobre a conservación e xestión dun dos habitantes máis emblemáticos e máis ameazados neste momento no noso areal: a píllara das dunas.

Zona sinalizada no litoral carballés

Zona sinalizada no litoral carballés

A xornada, que se celebrará no auditorio do Fórum Carballo a partir das 10.30 horas, está organizada polo Grupo de traballo sobre a píllara das dunas, integrado por entidades conservacionistas, universidades, concellos e a Xunta, e polo Concello de Carballo, que é un dos membros activos dese grupo a través da Concellaría de Medio Ambiente. O obxectivo da iniciativa, dirixida a técnicos, estudosos e público interesado, é dar a coñecer as medidas de conservación e xestión para a píllara das dunas nas que se vén traballando nos últimos anos.

PROGRAMA

  • 10:30 h. Presentación da xornada. Evencio Ferrero, alcalde de Carballo, e Jesús Domínguez (USC)
  • 10:40 h. Contexto actual e problemática de conservación da Píllara nas praias de cría da Costa da Morte e Ferrolterra. María Vidal (USC)
  • 11:00 h. A conservación da Píllara das dunas dende a óptica municipal. Experiencia  do Concello  do Grove. Ánxeles Domínguez e Francisco Meis  (Concello de O Grove)
  • 11:30 h. O papel das sociedades conservacionistas na conservación da Píllara das dunas. Sociedade Española de Ornitoloxía. Encarna González e Gustavo Ferreiro (SEO-Pontevedra)
  • 11.45 h. O papel das sociedades conservacionistas na conservación da Píllara das dunas. Roberto Vidal (Grupo Naturalista Hábitat) e  representante da Asociación Ambiental Senda Nova.
  • 12:00 h. Rolda aberta de intervencións.
  • 13:30 h. Peche da xornada.

Ligazóns

Compartir: