Inicio Carballo ao día Avisos Xa podes inscribirte no curso de competencias...

Xa podes inscribirte no curso de competencias claves de nivel 3 en galego

Xoves 23 de maio do 2019

O Concello de Carballo organiza un novo curso de competencias claves, neste caso de lingua galega, de nivel 3. Xunto coa lingua castelá, as matemáticas e a lingua estranxeira, o galego é unha competencia imprescindible para ter acceso a accións formativas vinculadas a certificados de profesionalidade de nivel 3 de cualificación.

A acción formativa impartirase, en principio, en horario de mañá.

As persoas interesadas poden informarse nas oficinas municipais do Fórum Carballo, situadas no 2º andar do edificio administrativo, ou chamando ao 981 709 011.

Compartir: