Inicio Carballo ao día Novas O proxecto do centro social de Lema inclúe...

O proxecto do centro social de Lema inclúe a urbanización de toda a parcela, aparcamento e parques infantil e biosaudable

Evencio Ferrero asinou hoxe o contrato coa empresa Construcciones López Cao, que iniciará a obra en breve

Venres 24 de maio do 2019

Plano da urbanización exterior

Plano da urbanización exterior

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, asinou hoxe coa empresa Construcciones López Cao o contrato para a execución das obras de mellora do centro social de Lema. A antiga escola, que se atopa en mal estado, será obxecto dun proxecto de reforma integral e ampliación para poder darlle o uso sociocultural que demanda a veciñanza. A actuación non só afecta ao edificio, senón que tamén está prevista a urbanización de toda a parcela, na que se habilitarán unha zona de aparcamento e un parque con xogos infantís e equipamento de ocio saudable para as persoas maiores, ademais de s. O investimento acada os 182.000 euros.

Distribución interior do edificio

Distribución interior do edificio

O proxecto, que responde ao plan de necesidades expresado polo movemento asociativo da parroquia, afecta a todos os elementos do edificio, do que practicamente só se conservarán os muros exteriores. O novo edificio terá unha superficie en planta baixa de 148,80 metros cadrados útiles, nos que se acondicionarán unha zona de cociña e barra, un despacho, dous aseos, un salón de 80 metros cadrados e un almacén. Tamén se conservará parte do soportal actual, que contará con 46,90 metros cadrados.

Na sinatura do contrato tamén estivo o concelleiro Luis Lamas

Na sinatura do contrato tamén estivo o concelleiro Luis Lamas

No interior farase unha nova distribución con tabiques, renovaranse as instalacións de electricidade, fontanería e saneamento, ademais de instalar protección contra incendios, renovar os solos e a carpintería, colocar falso teito, aparatos sanitarios novos e todo o equipamento e mobiliario preciso na zona de cociña. Tamén se actuará en todas as fachadas exteriores, ademais de renovar ventás e portas. A substitución da cuberta é outra das melloras incluídas no proxecto, que ten un prazo de execución de 4 meses.

Compartir: