Inicio Carballo ao día Novas Amador Pena e Tina Fernández,...

Amador Pena e Tina Fernández, campións da Carreira Popular 10K Concello de Carballo

Un total de 1.150 deportistas participaron na proba disputada este domingo

Luns 17 de xuño do 2019 Deporte

Gañadores/as da categoría absoluta (FOTO: Basilio Bello-La Voz de Galicia)

Gañadores/as da categoría absoluta (FOTO: Basilio Bello-La Voz de Galicia)

O atletismo anticipou a festa en Carballo, enchendo a Praza do Concello da animación propia de calquera día do San Xoán. Un ano máis, a Carreira Popular 10K Carballo logrou atraer ata a nosa vila a milleiros de persoas, entre participantes, acompañantes, afeccionados/as e veciñanza. Pero o gran ambiente festivo e de compañeirismo que caracteriza a gran cita anual co atletismo organizada pola Concellaría de Deporte convive sen ningún problema co espírito competitivo da proba. Nesa competición, os grandes trunfadores foron Amador Pena e Tina Fernández, primeiro e primeira na proba absoluta. A victoria de ámbolos dous é especialmente valiosa a altísima participación: 1.150 dos 1.426 corredores/as inscritos/as. 

Unha vez máis, dende o Concello de Carballo queremos felicitar a todos/as os/as participantes nas distintas categorías e agradecer a colaboración de Policía Local, Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, Asociación Deportiva Xiria, Un paso máis, Asociación Deportiva Media Ducia, Atletismo Carballo, Club Ciclista Carballo, Club Ciclista Monte Neme, Escolas de Balonmán Xiria, Escola Lubiáns, Iudo Club Bergantiños, Karate Do Carballo, Sociedade Deportiva Sofán e Club Xadrez O Toque Xiria para que a 10K volvese a ser un éxito.

Ligazóns

Compartir: