Inicio Carballo ao día Novas Avanzan as obras de asfaltado de accesos a...

Avanzan as obras de asfaltado de accesos a vivendas, que se estenderán ás 18 parroquias

O alcalde e o concelleiro de Obras e Servizos achegáronse ata Sísamo, onde está a traballar estes días a empresa adxudicataria

Luns 22 de xullo do 2019

O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, achegáronse ata Sísamo para ver o avance das obras de asfaltado de accesos a vivendas, que se desenvolven estes días nesa parroquia despois das actuacións realizadas xa en Lema, Rebordelos, Noicela, Bértoa e Goiáns.

O proxecto, adxudicado á empresa Construcciones Vázquez y Reino por 432.091 euros, chegará ás 18 parroquias do noso concello. As actuacións consisten no asfaltado de 72 treitos de distintas lonxitudes e anchos que dan acceso a vivendas, explotacións e parcelas de uso público.

En total serán pavimentados máis de 12 quilómetros de pistas, cunha superficie de 43.693,84 metros cadrados.

Agás en dous casos, nos que se aplicará dobre rego, en todas as vías está prevista a aplicación dunha capa de rodaxe de 5 centímetros de espesor.

Compartir: