Inicio Carballo ao día Novas Realizado o sorteo para elixir aos...

Realizado o sorteo para elixir aos compoñentes das mesas para as eleccións xerais do 10 de novembro

O censo electoral está formado por 25.981 persoas e o número de mesas aumenta de 39 a 41

Martes 15 de outubro do 2019

O sorteo das mesas realízase de xeito informático

O sorteo das mesas realízase de xeito informático

A corporación municipal de Carballo reuniuse hoxe ás 09.30 horas para realizar o sorteo das mesas electorais para as eleccións xerais do vindeiro 10 de novembro. Na sesión, na que houbo varias ausencias e que durou só os minutos necesarios para realizar o sorteo informático, tamén foi aprobada a acta do pleno ordinario celebrado o 30 de setembro.

O alcalde, Evencio Ferrero, ofreceu algunhas cifras relacionadas co proceso electoral. Para o 10 de novembro, por exemplo, están chamadas ás urnas un total de 25.981 persoas no noso concello. O número de mesas electorais aumenta de 39 a 41 ao dividirse cadansúa mesa no Fórum Carballo e no CEIP Bergantiños por superar o milleiro de electores/as.

As persoas elixidas aleatoriamente para formar parte das mesas electorais recibirán nos vindeiros días a comunicación oficial do Concello.

Compartir: