Inicio Carballo ao día Novas O Concello de Carballo reparte 60.000 euros en...

O Concello de Carballo reparte 60.000 euros en subvencións entre 15 entidades que traballan no eido social

As axudas servirán para financiar dende o funcionamento das propias asociacións ata a organización de todo tipo de actividades

Luns 21 de outubro do 2019

Quince entidades recibirán este ano as subvencións coas que dende o Concello de Carballo apoiamos ás entidades sen animo de lucro que traballan no eido dos servizos sociais. En total repártense 60.000 euros. Para establecer a cantidade que corresponde a cada entidade téñense en conta distintos aspectos, como a relevancia social do problema que se pretende abordar, a compatibilidade coas competencias municipais, o número de persoas beneficiarias ou a antigüidade, capacidade de xestión e especialización da asociación. Dentro destes apartados prímase aos colectivos inscritos no Rexistro Municipal de Asociacións coma un xeito de “recoñecer o importante labor que desenvolven as entidades locais”, tal como indica a concelleira de Igualdade e Benestar, Maica Ures.

As subvencións, aprobadas hoxe pola Xunta de Goberno Local, son as seguintes:

  • Asociación Antidroga Vieiro: 6.739,24 euros (solicitou 7.020 euros) para o programa “Quéreme ben”.
  • Asociación Galega de Fibromialxia (Agafi): 600 euros (100% do solicitado) para terapias alternativas.
  • Proxecto Home: 3.000 (100% do solicitado) para o seu programa educativo.
  • Alcer: 1.300 euros (100% do solicitado) para o proxecto “Alcer 7 vidas”.
  • Afaber: 5.675,15 euros (solicitou o máximo, 8.000 euros) para o programa de estimulación físico-cognitiva para persoas afectadas polo alzhéimer.
  • Centro Social San Xoán Bautista: 4.965,76 (pediu 16.000) para o programa de formación laboral e apoio educativo para inclusión social, laboral e escolar.
  • Aloumiños: 4.611,07 euros (solicitou 7.700,6) para o programa anual de actividades.
  • Amigos de Galicia: 3.546,97 (solicitou 7.000) para o plan de cobertura de necesidades básicas de persoas en situación de carencia e/ou limitación de recursos económicos no noso concello.
  • Íntegro: 4.000 (100% do solicitado) para o proxecto de visibilización da diversidade “Cambiando miradas”.
  • Cáritas: 5.320,45 (solicitou 9.000) para atención primaria.
  • Aspaber: 6.739,24 (solicitou 7.000) para o mantemento da asociación.
  • Fundación Érguete: 2.030 (solicitou 2.900) para o proxecto Itínere: servizo de orientación laboral.
  • APEM: 4.965,76 (solicitou o máximo, 8.000 euros) para o programa de educación no ocio en saúde mental.
  • Cruz Vermella: 2.250 (100% do solicitado) para o proxecto “Busca activa de emprego”.
  • Un paso máis: 4.256,36 (solicitou 7.710) para o proxecto de crecemento Un paso máis 2019.

Quedou excluída a Asociación Cultural da Terceira Idade San Xoán Bautista por non cumprir coas bases da convocatoria. As entidades perceptoras de subvencións deberán presentar a documentación xustificativa no Rexistro Xeral do Concello antes do 1 de decembro.

Compartir: