Inicio Carballo ao día Novas O alumnado de 2º curso do CEIP...

O alumnado de 2º curso do CEIP Bergantiños visitou as dependencias da Casa do Concello

O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro Luis Lamas reuníronse no salón de plenos cos 75 escolares

Mércores 5 de febreiro do 2020

O grupo, coas profesoras, o alcalde e o concelleiro Luis Lamas

O grupo, coas profesoras, o alcalde e o concelleiro Luis Lamas

O alumnado de 2º curso do CEIP Bergantiños realizou a primeira visita escolar do ano á Casa do Concello. Un total de 75 nenos e nenas participaron na experiencia, que ten como finalidade achegar o funcionamento da Administración local á infancia.

A rapazada foi recibida no salón de plenos polo alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro Luis Lamas, que se someteron a un auténtico terceiro grao. "Como se fai para ser alcalde, que é o que máis che gusta de Carballo ou como te organizas para resolver os problemas que hai" foron algunhas das moitísimas cuestións formuladas polos escolares, que tamén fixeron unha petición: incrementar o número de papeleiras nas praias.

Na oficina do DNI

Na oficina do DNI

A visita dos nenos e nenas foi recompensada cunha mochila co lema "eu quero a Carballo" e material divulgativo relacionado co medio ambiente. A continuación, divididos en tres grupos, os escolares visitaron a Oficina Técnica Municipal, as dependencias da Policía Local e a oficina de tramitación do DNI. Pero de todo o que escoitaron e viron, o que máis ilusión lles fixo foi entrar nos calabozos e nos vehículos policiais. Pasárono en grande!

Compartir: